From Wikipedia, the free encyclopedia
Ana Margarida Taborda Duarte Martins de Carvalho, coñecida como Ana Margarida de Carvalho, nada en Lisboa en 1969, é unha escritora e xornalista portuguesa.
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1969 (54/55 anos) Lisboa, Portugal |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Portugal |
Educación | Universidade de Lisboa |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, xornalismo e dereito |
Ocupación | xornalista , escritora |
Lingua | Lingua portuguesa |
Familia | |
Pai | Mário de Carvalho |
Premios
|
É filla do escritor Mário de Carvalho.[1] Nada en Lisboa en 1969, licenciouse en Dereito pola Facultade de Dereito da Universidade de Lisboa[2]. Ten 2 fillos.
En 2017, foille atribuída unha bolsa anual de creación literaria pola Dirección Xeral do Libro, Arquivos e Bibliotecas (DGLAB).[3]
Realizou varios obradoiros e workshops na área da literatura e da escrita creativa.[4][5]
Xornalista, foi distinguida con 7 premios de reportaxe. Traballou durante 25 anos na Revista Visão, onde foi editora e grande Reporteira. Colaborou con diversas publicacións: Jornal de Letras, Revista Ler, Marie Claire, Egoísta, Colóquio Letras así como coa canle televisiva SIC.[6]
Fixo crítica cinematográfica no blog Final Cut[7] (do cal foi fundadora) e na Revista Visão. Integrou, en diversos anos, o panel de xurado do ICA (Instituto do Cinema e do Audiovisual) para asignación de subsidios nos concursos de produción de longametraxes, documentais e desenvolvemento de guión. Durante dous anos, asinou a crónica semanal «Conversas de Ascensor», no sitio web da Revista Visão.[8]
Tres dos seus guións cinematográficos (documental e ficción) quedaron clasificados nos primeiros lugares en concursos do ICA, obtendo o respectivo financiamento.[9]
Estreouse na novela co seu primeiro libro en 2013, Que Importa a Furia do Mar[10][11], ao que seguiu en 2016 Não se Pode Morar nos Olhos de Um Gato [12][13] que foi editada, no Brasil, a primeira edición en 2018.[14][15]. Publicou en 2017 o seu primeiro libro de contos, Pequenos Delírios Domésticos.
É autora do prefacio de Alexandra Alpha, de José Cardoso Pires, nunha reedição da Reloxo D'Auga, en 2015.
Única a recibir sucesivamente o gran Premio da Asociación Portuguesa de Escritores (APE/DGLB) por cada unha das súas tres obras de ficción (dúas novelas e un libro de contos).[16]
Uma Terra Prometida. Contos Sobre Refugiados (2016). Filomena Marona Beja, Carlos Vale Ferraz, Cristina Carvalho, Sérgio Luís de Carvalho, José Fanha, Afonso Cruz, Nuno Camarneiro, Ana Margarida de Carvalho e Miguel Real. IN. 192 páxs.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.