Amnesiac
álbum de Radiohead / From Wikipedia, the free encyclopedia
Amnesiac é o quinto álbum da banda inglesa de rock alternativo Radiohead, editado o 4 de xuño do 2001 polo selo Parlophone. Estreouse na cima da lista británica e no número 2 da Billboard 200. O álbum vese como o máis afastado do rock e con letras menos características de Radiohead, porén conta con guitarras máis audibles que o seu predecesor Kid A. A diferenza deste, Amnesiac si contou con sinxelos exitosos. Pode observarse neste traballo as influencias da música electrónica, a música ambiente, a clásica e o jazz.
Datos rápidos Amnesiac, Álbum de Radiohead ...
Amnesiac | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Radiohead | ||||
Gravación | xaneiro de 1999 - finais do 2000 | |||
Duración | 43:55 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, música electrónica, rock experimental | |||
Selo(s) | Parlophone | |||
Producido por | Nigel Godrich, Radiohead | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Pechar