Aminoácido non proteinoxénico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os aminoácidos non proteinoxénicos ou non codificados (ou, ás veces, non estándar) son aminoácidos que non están codificados no código xenético. Ademais dos 23 aminoácidos codificados no código xenético (2 deles codificados dun modo especial e a N-formilmetionina que é un derivado de aminoácido), que se incorporan ás proteínas durante a tradución de proteínas nos ribosomas, e que se chaman aminoácidos proteinoxénicos, existen uns 140 aminoácidos naturais máis e coñécense miles de combinacións posibles máis, algúns dos cales poden aparecer formando parte das proteínas e outros non.[1] Algúns aminoácidos non proteinoxénicos son importantes porque:
- son intermediatos nas biosínteses
- incorpóranse postraducionalmente ás proteínas
- teñen unha función fisiolóxica (por exemplo, os compoñentes dos peptidoglicanos das paredes celulares bacterianas, neurotransmisores e toxinas)
- son compostos farmacolóxicos naturais ou producidos polo ser humano
- poden ser incorporados aos péptidos non ribosómicos, que non se sintetizan nos ribosomas
- detéctase a súa presenza en meteoritos e en experimentos prebióticos como o experimento de Miller e Urey.