From Wikipedia, the free encyclopedia
A amia, Amia calva, é un peixe primitivo, orixinario do sueste do Canadá e do leste dos Estados Unidos, depredador dulciacuícola, que é o único representante vivo da familia dos amíidos (Amiidae), única da orde dos amiformes (Amiiformes), da infraclase dos holósteos (subclase dos neopterixios) que, a finais do mesozoico chegaron a abundar nas augas de todo o mundo. Por iso considérase como un fósil vivente.
Amia calva | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Amia calva, única especie da orde dos amiformes | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Amia calva |
O corpo da amia é ancho, e a súa cor verde clara, case amarela. Os machos posúen a cada lado da cola, e por diante da mesma, unha mancha negra grande rodeada por un círculo alaranxado ou amarelo; as aletas dos machos tórnanse verdes durante a época do apareamento.
Amia calva vive usualmente nas augas pouco profundas de lagos, lagoas e estanques, e constrúen os seus niños arrincando cos dentes plantas acuáticas, o cal deixa uns buratos circulares na lama, onde as femias depositan os seus ovos. Logo, o macho fecunda estes ovos, coidándoos celosamente, loitando contra calquera intruso que se aproxime a eles. Cando nacen, as crías permanecen estreitamente agrupadas, e o macho adulto prosegue o seu labor de vixilancia até que alcanzan entre sete e dez centímetros de lonxitude. En ocasións, as crías dun só niño comprenden cerca dun millar de peixiños.
Unha das principais características deste peixe é a de que é capaz de respirar o aire atmosférico a través da vexiga natatoria, que fai as veces de pulmón, xa que está provista de numerosos vasos sanguíneos. Para iso ascende con frecuencia á superficie e aspira o aire do exterior pola boca, o que lle permite resistir até vinte e catro horas fóra da auga. Esta característica tamén lles permite regular a súa flotabilidade na auga.
Así mesmo é peculiar a estrutura da súa columna vertebral, así como a das súas aletas pares, o que o diferencian dos restantes peixes óseos.
As amias poden chegar a medir cerca dun metro e alcanzar un peso de seis quilogramos, pero estas son cifras de exemplares excepcionais, xa que o tamaño e o peso normais destes peixes é menor.
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Amia calva |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Amia calva |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.