Amhrán na bhFiann
From Wikipedia, the free encyclopedia
Amhrán na bhFiann é o himno nacional da República de Irlanda. Tamén coñecido pola súa tradución ao inglés como A Soldier's Song (a Canción dun soldado). Así mesmo é coñecido tamén como Amhrán Náisiúnta na hÉireann/National Anthem of Ireland (Himno Nacional de Irlanda). A letra da canción é de Peadar Kearney e a música de Kearney e Patrick Heeney. Composto en 1907 foi publicado por primeira vez en Irish Freedom en 1912.
Datos rápidos Himno de, Letra ...
Amhrán na bhFiann | |
---|---|
En galego: A canción dun soldado | |
Himno de | ![]() |
Letra | Peadar Kearney 1907 Tradución ó irlandés: 1923 por Liam Ó Rinn |
Música | Patrick Heeney / Peadar Kearney 1907 |
Adoptado | 1926 |
Mostra da música | |
| |
Pechar
A canción é o himno nacional oficial dende 1926 cando substituíu o himno non oficial God Save Ireland. É cantada en irlandés e só o coro.