tratante de pintura e galerista francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Ambroise Vollard, nado en Saint-Denis (Reunión) o 3 de xullo de 1866 e finado en París o 22 de xullo de 1939, foi un tratante de pintura e galerista francés. Foi unha figura clave das vangardas e axudou a descubir a varios artistas como Paul Cézanne, Paul Gauguin, Vincent van Gogh, Henri Matisse, Pablo Picasso,[1] dos que, en moitas ocasións foi amigo persoal.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Henri Louis Ambroise Vollard 3 de xullo de 1866 Saint-Denis (Francia) |
Morte | 22 de xullo de 1939 (73 anos) Versalles (Francia) |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Lugar de sepultura | cemiterio de Bagneux, 30 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | coleccionista de arte , empresario , marchante de arte , editor , biógrafo |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquivos en |
|
Familia | |
Irmáns | Lucien Vollard (en) |
Cronoloxía | |
19 de abril de 2012 | claim for restitution of an artwork (en) |
Premios | |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Deixou moi novo a súa illa natal para estudar en Montpellier e mais París. Na capital desenvolve unha paixón pola pintura que lle leva a abrir a súa galería de arte en 1890.
Expoñerá as obras de numerosos artistas hoxe cualificados de maiores, como Paul Gauguin, Henri Matisse, Paul Cézanne ou Pierre-Auguste Renoir. Ademais manterá con moitos deles lazos de amizade.
En 1898, Pierre Bonnard, Ker-Xavier Roussel e Édouard Vuillard realizaron por petición de Vollard unha serie de litografías en cor. En xuño de 1901 organizou a primeira exposición de obras de Pablo Picasso.
Tamén foi amigo de Maurice de Vlaminck e contribuíu en grande medida ao seu recoñecemento. Logo de coñecer a Alfred Jarry adicouse á escritura (Ubu colonial) e lanzouse ao mundo editorial para publicar obras de poetas ilustradas polos seus pintores favoritos. En 1900 lanzou a primeira: unha edición de Parallèlement de Paul Verlaine ilustrada por Pierre Bonnard. Incluía múltiples escenas de lesbianismo e foi un fracaso comercial.
Morreu nun accidente de tráfico. Picasso deu o seu nome (Suite Vollard) a unha serie de augafortes, hoxe considerada a máis importante do século XX.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.