Amazonas (mitoloxía)
From Wikipedia, the free encyclopedia
As amazonas (grego: Ἀμαζόνες, Amazónes, singular Ἀμαζών, Amazōn), eran unha nación de mulleres guerreiras na mitoloxía grega e na Antigüidade clásica. Heródoto situounas na rexión de Escitia, en Sarmatia (territorio moderno de Ucraína). Outros historiadores sitúanas en Asia Menor,[1] ou tamén en Libia.[2]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Amazonas.
Raíñas notábeis das amazonas foron Pentesilea, que participou na Guerra de Troia, e a súa irmá Hipólita, cuxo cinto máxico, agasallo do seu pai Ares, foi o obxecto dun dos doce traballos de Heracles. As guerreiras amazonas foron representadas en batallas contra guerreiros gregos en amazonomaquias da arte clásica.