Altura (música)
percepción da frecuencia dun son / From Wikipedia, the free encyclopedia
A altura refírese ao xeito como o oído humano percibe a frecuencia fundamental, ou o que é o mesmo, a altura é unha calidade do son que nos permite distinguir se un son é grave (baixo) ou agudo (alto). De xeito que se as baixas frecuencias son recoñecidas como sons graves (baixos), mentres que as altas frecuencias son recoñecidas como sons agudos (altos).
Independentemente do sistema musical, a altura dos sons indica o rexistro, por exemplo tres rexistros elementais: grave, medio e agudo.
Ao ser un tipo de frecuencia, a unidade empregada para medir a altura é o Hertz (Hz). O límite inferior do oído encóntrase entre os 16 e os 20 Hz. Por riba dun límite entre os 16.000 aos 20.000 Hz (segundo o oído de cada persoa) deixase de oír son. Os sons por debaixo do límite inferior de audición son denominados infrasóns, mentres que os que están por riba do límite superior son chamados ultrasóns.