Os Altos do Golán (árabe:هضبة الجولانHaḍbatu 'l-Jawlān, ou مرتفعات الجولانMurtafaʻātu l-Jawlān, hebreo:רמת הגולןRamat HaGolan, (son)(axuda·info)), ou simplemente o Golán, é unha rexión do Oriente Próximo cunha extensión aproximada de 1800km2. A rexión definida como os Altos do Golán difire segundo a disciplinas: segundo as xeolóxicas e bioxeográficas, os Altos do Golán son unha superficie basáltica rodeada polo río Yarmouk ao sur, o mar de Galilea e o val de Hula ao oeste, a cordilleira do Antilíbano co monte Hermon ao norte e o uadiRaqqad ao leste. Como rexión xeopolítica, os Altos do Golán son unha área de Siria capturada e ocupada por Israel, trala guerra dos seis días, e anexada en 1981. A rexión inclúe dous terzos da superficie xeolóxica total, así como a parte ocupada por Israel do monte Hermon.