Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade (AR ou ARAEPS), coñecido tamén polos medios como o Alto Representante, Mr. PESC ou ministro de Asuntos Exteriores da Unión (segundo a terminoloxía da frustrada Constitución Europea) é o alto funcionario europeo encargado de dirixir e executar toda a política exterior da Unión Europea. A creación deste cargo constitúe unha das principais innovacións institucionais do Tratado de Lisboa, que busca dar lugar a unha maior coherencia, influencia e visibilidade á Unión Europea no escenario internacional e máis peso nas súas relacións con outros países e organismos institucionais.
Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade | |
---|---|
Acrónimo | HR, HV e HR/VP |
Tipo | cargo |
Campo de traballo | Política Externa e de Segurança Comum da União Europeia |
Data de fundación | 1 de decembro de 2009 |
Na rede | |
https://eeas.europa.eu/headquarters/headquarters-homepage/3598/high-representativevice-president | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Alto Representante é o xefe da diplomacia comunitaria, coordina a acción exterior da Unión no seo da Comisión Europea como un dos seus vicepresidentes e é o encargado das relacións internacionais. Como mandatario do Consello, dirixe e executa a política exterior e de seguridade común da Unión (incluíndo a política común de seguridade e defensa), é xefe e dirixe o Servizo Europeo de Acción Exterior, en proceso de construción.
O Alto Representante, xunto co Consello, velará pola unidade, coherencia e eficacia da Unión Europea. É asistido polos servizos da Comisión e do Consello, onde preside a formación de asuntos exteriores.