Traveseiro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un traveseiro[1], almofada, cabeceiro ou cabezal é unha especie coxín feito usualmente de pana, pluma, cotón, escuma, viscoelástico etc. que se utiliza á cabeceira da cama, servindo para descansar a cabeza mentres se dorme. O traveseiro ponse sobre o colchón, na parte superior da cama vestíndose co xogo desta. O seu obxecto é manter recta a columna vertebral enchendo o oco do pescozo para relaxar a caluga, evitar tensións musculares, diminuír o estrés acumulado durante o día e axudar a conseguir un soño tranquilo.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Traveseiro (homónimos).