Allahu Akbar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Allahu Akbar (do árabe: Deus (Alá) é grande, en árabe: الله أكبر), é o título do himno nacional da Gran Jamahiriya Popular Socialista Árabe e Libia e anteriormente da República Árabe Libia. Foi orixinariamente unha marcha exipcia que se volveu popular en Exipto e Siria durante a Guerra da Canle de Suez de 1956.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Datos rápidos Himno de, Letra ...
Allahu Akbar | |
---|---|
الله أكبر | |
En galego: Alá é grande | |
Himno de | ![]() |
Letra | Mahmoud El-Sherif 1955 |
Música | Abdalla Shams El-Din 1955 |
Adoptado | 1 de setembro de 1969 |
Pechar
Foi adoptado o 1 de setembro de 1969 polo líder libio Muammar al-Gaddafi como himno oficial de Libia, amosando as súas esperanzas dun mundo árabe unido. Substituíu o anterior himno Libia, Libia, Libia, utilizado polo Reino de Libia dende a súa independencia en 1951.