Algar, Cádiz
From Wikipedia, the free encyclopedia
Algar (con anterioridade a 1842 Santa María de Guadalupe del Algar) é un municipio español da provincia de Cádiz, Andalucía. No 2008 tiña 1.564 habitantes. A súa extensión superficial é de 27 km² e atópase situada a 87 quilómetros da capital de provincia, Cádiz.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Algar.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Cádiz | ||||
Capital | Algar (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.444 (2023) (53,48 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 27 km² | ||||
Altitude | 212 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | María José Villagrán Richarte | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11639 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 11003 | ||||
Páxina web | algar.es |
Pechar
Forma parte da Ruta dos pobos brancos, xunto ao río Majaceite, e está moi próximo ao pantano dos Furóns (principal fonte de auga de Cádiz).
A orixe da poboación é de 1773. Creouna o rico comerciante Domingo López de Carvajal, tras comprar unhas devesas en 1757 e posteriormente poboalas con colonos. O seu trazado urbano é racionalista, con rúas paralelas e praza central.
Actualmente Algar vive da agricultura, a gandaría, o traballo da pel, a madeira e o turismo rural.