From Wikipedia, the free encyclopedia
Alejandro Fernández Álvarez, nado en Tarragona o 30 de maio de 1976, é un político e politicólogo catalán, deputado no Congreso na Xª Lexistaltura e deputado no Parlamento catalán durante a XIª e XIIª lexislaturas. É presidente do Partido Popular Catalán dende o 10 de novembro de 2018 despois da renuncia de Xavier García Albiol.[1]
Licenciouse en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade Autónoma de Barcelona e fixo un máster en Comunicación Política pola mesma universidade. Foi profesor de Ciencia Política da Universidade Rovira i Virgili de Tarragona entre 2004 e 2012.
Ingresou nas Novas Xeracións do Partido Popular en 1994.[2] En 1999, converteuse en asesor do PP no concello de Tarragona e, en 2003, foi elixido concelleiro.[3] Dende 2008 é o presidente provincial do seu partido e, dende, 2009 é o voceiro e candidato pola provincia.
Nas eleccións xerais de 2011, na Xª Lexislatura, conseguiu a acta de deputado como cabeza de lista do PP pola circunscrición electoral de Tarragona.[4] Nas eleccións municipais de 2015 repetiu como alcaldable do PP para Tarragona,[5] pero pasou de 7 a 4 concelleiros.[6] Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015 foi cabeza de lista do PP por Tarragona e foi elixido deputado[7] e dende o 22 de novembro de 2016 é o Portavoz do PP no Parlamento de Cataluña, en substitución de Enric Millo.[8]
Foi reelixido deputado tralas eleccións ao Parlamento de 2017 cunha apertada pugna polo escano correspondente na circunscrición Tarragona.[9] En outubro de 2018, converteuse no novo presidente do Partido Popular de Cataluña. Fernández foi o único candidato que presentara avais suficientes para ser proclamado, trala retirada do único competidor, Iván García, que alegou "falta de neutralidade, transparencia e garantías" no proceso electoral.[10]
Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021, foi o candidato do Partido Popular á Presidencia da Generalitat, conseguindo só 3 escanos en total, perdendo 1 con respecto ás eleccións anteriores.[11]
Fernández preséntase a si mesmo como un «liberal conservador», e considera a Margaret Thatcher e a Ronald Reagan como referentes políticos.[9][12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.