O alcatrán[1] é unha substancia bituminosa, graxa, escura e de cheiro forte, que se obtén da destilación de certas materias orgánicas, principalmente da hulla, turba, carbón, ósos e dalgunhas madeiras resinosas.
Usos
O alcatrán de madeira (producido polo quecemento ou o queimado parcial de dito material), foi amplamente empregado para calafetar o casco das embarcacións de madeira. Hoxe emprégase principalmente na elaboración de diversos produtos, como xabóns, pinturas, plásticos, asfalto (para a pavimentación) e produtos químicos. Tamén se emprega como combustible.
Datos
- Os alcatráns de maior punto de fusión, as breas, empréganse na fabricación de illantes para tellados e de aglomerados do carbón.
- O alcatrán é un residuo negro e pegañento composto por miles de substancias químicas, algunhas das cales considéranse carcinoxenas ou están clasificadas como residuos tóxicos. Entre as substancias que compoñen o alcatrán do tabaco, atópanse os hidrocarburos aromáticos policíclicos, aminas aromáticas e compostos inorgánicos. É importante sinalar que o alcatrán obstrúe os pulmóns e afecta á respiración, sendo ao igual que os outros compoñentes do tabaco, o causante da toxicidade deste.
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.