From Wikipedia, the free encyclopedia
Os alcalinotérreos ou metais alcalinotérreos son un grupo de elementos que forman unha familia. Estes elementos atópanse situados no grupo 2 da táboa periódica e son os seguintes: berilio, magnesio, calcio, estroncio, bario e radio. Este último non sempre se considera, pois ten un tempo de vida media curto. O nome de alcalinotérreos provén do nome que recibían os seus óxidos, terras, que teñen propiedades básicas (alcalinas). Posúen unha electronegatividade ≤ 1,3 segundo a escala de Pauling.
Son metais de baixa densidade, coreados e brandos. Reaccionan con facilidade con halóxenos para formar sales iónicas, e con auga (aínda que non tan rapidamente como os alcalinos) para formar hidróxidos fortemente básicos. Todos teñen só dous electróns no seu nivel enerxético máis externo, con tendencia a perdelos, co que forman un ión dipositivo, M2+.
Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.