![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c2/Alcal%25C3%25A1_de_Henares_%2528ESA_16-11-2015%2529_vista_desde_el_sat%25C3%25A9lite_Sentinel-2A.png/640px-Alcal%25C3%25A1_de_Henares_%2528ESA_16-11-2015%2529_vista_desde_el_sat%25C3%25A9lite_Sentinel-2A.png&w=640&q=50)
Alcalá de Henares
concello da Comunidade de Madrid / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alcalá de Henares é unha cidade española pertencente á Comunidade de Madrid. Está situada na Conca do Henares, ao leste da rexión. Dista 34 km do centro da capital e 22 km da veciña Guadalaxara. É a capital da comarca de Alcalá.
Nomeado en referencia a | Río Henares ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid ![]() | ||||
Capital de | |||||
Capital | Alcalá de Henares ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 199.184 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua castelá ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 88 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Henares, Camarmilla River (en) ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 588 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | |||||
Santo padrón | Xusto e Pastor e Virgen del Val (en) ![]() ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Judit Piquet Flores (2023–) ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | E 28800-28807 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 91 ![]() | ||||
Código INE | 28005 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Talence (1985–) Peterborough (pt) ![]() Guanajuato (1990–) Praça da Revolução (Havana) (pt) ![]() El Toboso (pt) ![]() Lublin (2001–) Edchera (en) ![]() Alba Iulia (2002–) Azul (pt) ![]() Lebrija (2021–) Montauban (2022–) ![]() | ||||
Páxina web | ayto-alcaladehenares.es ![]() |
O seu nome significa «Castelo sobre o río Henares». É unha das cidades máis poboadas da Comunidade de Madrid e núcleo central do denominado Corredor do Henares, do cal a cidade é o motor e núcleo de referencia.
A súa creación remóntase a época romana, onde crearon unha vila chamada Complutum. Foi declarada Cidade Patrimonio Mundial pola Unesco en 1998. Grazas ao recinto histórico e o reitorado da Universidade, é unha das nove cidades de España que a Unesco clasificou como únicas. É famosa pola súa Universidade, construída grazas ao cardeal Cisneros o 13 de abril de 1499, pero logo da súa decadencia durante o século XVIII, mediante a Real Orde da Raíña Rexente de 29 de outubro de 1836, decretouse a súa supresión en Alcalá e traslado a Madrid, onde pasou a chamarse Universidade Central. Xurdiu co seu status actual en 1977, ao producirse o fenómeno de descentralización universitaria e constituírse como Universidade propia, o que a converteu novamente en Cidade Universitaria.