From Wikipedia, the free encyclopedia
A seroalbumina bovina ou albumina sérica bovina, tamén chamada Fracción V e abreviada como BSA (do inglés bovin serum albumin) é unha proteína do tipo das seroalbuminas producida polas vacas. Encóntrase no plasma sanguíneo das vacas e, en pequenas cantidades, aparece no seu leite, aínda que non se produce na glándula mamaria, senón que se filtra desde o sangue[1]. As súas funcións na vaca son axudar a manter a presión osmótica coloidal,[2] e exercer funcións de transporte, xa que se une a moitos ligandos, como ácidos graxos, hormonas esteroides, bilirrubina e ións metálicos.[1] Ten importantes aplicacións en bioquímica, xa que se utiliza como un estándar para medir a concentración de proteínas nos experimentos de laboratorio.
Seroalbumina bovina | |
---|---|
Identificadores | |
Organismo | |
Símbolo | xene ALB |
Entrez | 280717 |
RefSeq (mRNA) | NM_180992 |
RefSeq (Prot) | NP_851335 |
UniProt | P02769 |
Outros datos | |
Cromosoma | 6: 91.54 - 91.57 Mb |
O nome alternativo que recibe, "Fracción V" refírese á albumina que constituía a fracción quinta obtida na metodoloxía de purificación de Edwin Cohn orixinal, que utilizaba as características da solubilidade diferencial das proteínas plasmáticas para separalas. Manipulando as concentracións de solvente, o pH, concentracións de sal, e a temperatura, Cohn extraía sucesivas "fraccións" do plasma sanguíneo. Na quinta fracción ía a seroalbumina bovina. En realidade, o proceso foi comercializado primeiro para a seroalbumina humana para uso médico e despois foi adoptado para a produción de seroalbumina bovina.
O precursor da seroalbumina bovina completo ten 607 aminoácidos. Despois da secreción, córtaselle un péptido sinal N-terminal de 18 residuos, polo que queda con 589 residuos. Clívanse máis aminoácidos ata dar a proteína de 583 aminoácidos.
Péptido | Posición | Lonxitude (aminoácidos) | Masa atómica Da |
---|---|---|---|
Precursor completo | 1 – 607 | 607 | 69.324 |
Péptido sinal | 1 – 18 | 18 | 2.107 |
Propéptido | 19 – 22 | 4 | 478 |
Proteína madura | 25 – 607 | 583 | 66.463 |
Propiedades físicas da seroalbumina bovina:
A seroalbumina bovina ten numerosas aplicacións, como na técnica ELISA (Enzyme-Linked Immunosorbent Assay), inmunoblots, e inmunohistoquímica. Tamén se utiliza como nutriente en cultivos celulares microbianos. En dixestións con endonucleases de restrición, é utilizada para estabilizar algúns encimas durante a dixestión do ADN e previr a adhesión do encima aos tubos de ensaio, puntas das pipetas, e outros recipientes.[9] Esta proteína non afecta a outros encimas que non a necesiten para a estabilización. A seroalbumina bovina utilízase tamén comunmente para determinar a cantidade doutras proteínas, comparando unha cantidade descoñecida de proteína con cantidades coñecidas de seroalbumina bovina (por exemplo, na proba proteica de Bradford, que é unha análise espectroscópica para medir a concentración dunha proteína nunha solución). A seroalbumina bovina é útil porque grazas á súa estabilidade incrementa o sinal nas probas, e porque non afecta a moitas reaccións bioquímicas, e ten un baixo custo, xa que se pode purificar doadamente en grandes cantidades do sangue bovino, un subproduto da industria cárnica.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.