xornalista e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alberto Avendaño Prieto, nado en Vigo o 30 de xullo de 1957, é un xornalista e escritor galego.
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1957 (67 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | tradutor , xornalista , escritor |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Zunilda Garro |
Xunto con Alfonso Pexegueiro, Manuel M. Romón e Antón Reixa fundou o Grupo Rompente (1976-1982).[1] Estudou Filoloxía Xermánica na Universidade de Santiago de Compostela.[2] Traballou como profesor de inglés, como tradutor, actor e director de dobraxe para televisión. Viviu en Barcelona, Londres, Dublín, e Milán, desde onde colaborou para a prensa galega. Recibiu dous premios, o Barco de Vapor de narrativa infantil e xuvenil, e un premio internacional de Tradución pola tradución ó galego da novela de E.A. Poe. Arthur Gordon Pym.
Traballou para a Radio e Televisión de Galicia conducindo e dirixindo programas informativos e magazines como o informativo matinal da Radio Galega nos anos 1980 e Crocante en 1990. Como xornalista entrevistou a importantes figuras da política e da cultura: Rafael Alberti, Severo Ochoa, Fidel Castro... a mandatarios latinoamericanos e a estrelas da canción. En decembro de 1991 trasladouse a vivir a Texas, onde se licenciou Magna cum laude en Xornalismo pola Texas Tech University. En 1998 chegou a Bethesda, Maryland, nas aforas de Washington, D.C.. Foi lector de Lingua e Literatura española na Johns Hopkins University en Baltimore, ata o ano 2000. A finais dese ano foi director do semanario El Tiempo Latino.
En 2001 estableceu unha alianza co diario The Washington Post e o 17 de maio de 2004 a compañía do Post comprou a publicación nomeando a Avendaño director xeral de El Tiempo Latino.[3] Avendaño e a publicación que dirixe ten recibido numerosos premios nacionais de xornalismo en español nos Estados Unidos de América. Polo seu traballo en prensa escrita nos Estados Unidos, Avendaño recibiu seis Premios José Martí que concede a National Association of Hispanic Publications (NAHP). Entre 2016 e 2019, tres traballos de xornalismo televisivo producidos por Avendaño recibiron o Premio Emmy™ da Academia da Televisión dos Estados Unidos.[4][5]
Tamén foi director do Washington Bureau e Correspondente ante a Casa Branca para a Asociación Nacional de Prensa Hispana (NAHP).[2]
Académico correspondente da Academia Norteamericana de la Lengua Española (ANLE).[6] É membro fundador do Thomas J. Harris Institute for Hispanic and International Communication en Texas Tech University.[7]
Ademais de tradutor de Roald Dahl, Edgar Allan Poe e John Millington Synge, entre outros, Avendaño é autor de dous manuais sobre medios de comunicación e é un habitual colaborador dalgúns medios electrónicos en español e inglés nos Estados Unidos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.