![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0b/Alberto_Ascari_-_El_Gr%25C3%25A1fico_1587.jpg/640px-Alberto_Ascari_-_El_Gr%25C3%25A1fico_1587.jpg&w=640&q=50)
Alberto Ascari
Piloto italiano de Fórmula 1 / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alberto Ascari, nado en Milán o 13 de xullo de 1918 e finado en Monza o 26 de maio de 1955, foi un piloto de Fórmula 1 italiano, cuxo nome cóntase entre as primeiras figuras da categoría e ao mesmo tempo da Scuderia Ferrari.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xullo de 1918 ![]() Milán, Italia ![]() |
Morte | 26 de maio de 1955 ![]() Monza, Italia ![]() |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio monumental de Milán ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Italia (1946–1955) Reino de Italia (1918–1946) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un , piloto de motociclismo ![]() |
Lingua | Lingua italiana ![]() |
Deporte | automobilismo Motociclismo ![]() |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans ![]() |
|
Familia![]() | |
Pai | Antonio Ascari (en) ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Fillo dun dos grandes pilotos italianos da preguerra, Alberto Ascari converteuse nun dos campións máis dominantes e máis amados da Fórmula Un. Destacou pola pilotaxe precisa, coidadosa e exacta que o converteu nun dos condutores máis seguros na era máis perigosa, tamén era notoriamente supersticioso e esforzouse por evitar tentar o destino. O seu inexplicable accidente mortal, á mesma idade que o seu pai, no mesmo día do mes e en circunstancias similares e inquietantes, segue sendo unha das grandes e tráxicas coincidencias da Fórmula Un.