Alba (poema)
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na lírica occitana unha alba é un poema no que se narra a despedida dos amantes coa chegada do abrente. É un amigo ou servente, que recibe o nome de gaita (vixía), o que se encarga de espertar os namorados para non seren descubertos polo home da dona. Entre as albas máis coñecidas está Reis glorios de Guiraut de Bornelh
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alba.
Na lírica galego-portuguesa tan só hai un exemplo de alba, Levad´, amigo, que dormides as manhanas frías de Nuno Fernández Torneol.
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Levad', amigo, que dormides as manhanas frías |