![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2d/MonAlhakenII01.jpg/640px-MonAlhakenII01.jpg&w=640&q=50)
Al-Hakam II
From Wikipedia, the free encyclopedia
Abû al-`Âs al-Mustansir bi-llah al-Hakam ibn `Abd ar-Rahman (en árabe, أبو العاص المرتضى الحكم بن هشام), máis coñecido como Al-Hakam II ou Alhakén II (Córdoba, 13 de xaneiro de 915 - 16 de outubro de 976), segundo califa omeia de Córdoba, desde o 16 de outubro de 961 até a súa morte.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 915 ![]() Córdoba ![]() |
Morte | 16 de outubro de 976 (Gregoriano) ![]() Córdoba ![]() |
Causa da morte | Ictus ![]() |
Califa de Córdova (pt) ![]() | |
961 (Gregoriano) – 976 (Gregoriano) ← Abd al-Rahman III – Hisham II al-Hakam (pt) ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Califato de Córdoba Al-Andalus ![]() |
Relixión | Islam ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Califa ![]() |
Lingua | Árabe ![]() |
Familia![]() | |
Cónxuxe | Subh |
Fillos | Hisham II al-Hakam (pt) ![]() ![]() |
Pai | Abd al-Rahman III ![]() |
Sucedeu ao seu pai Abderramán III, continuando a súa política e mantendo a paz e a prosperidade en Al-Andalus. Non só sostivo o apoxeo ao que chegou o califato co seu pai, senón que con el alcanzou o seu máximo esplendor.
Aos 8 anos foi nomeado sucesor de Abderramán III, e a súa educación foi exquisita, participando intensamente nas actividades de goberno, así como nas campañas militares, acompañando ao califa en varias ocasións.
Cando á morte de seu pai fíxose cargo do poder contaba con case 47 anos e adoptou o título de al-Mustansir Bi-llah (o que busca a axuda vitoriosa de Alá). Até entón, e pese á súa unión con Radhia, non tivo fillos. Ao chegar ao trono a descendencia facíaselle necesaria, e logrou conseguila cunha concubina escrava, de orixe vasca, chamada Subh (e tamén Zohbeya e Aurora, e a quen Al-Hakam deu o nome masculino de Chafar).