![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/06/Patitiri_Alonissos.jpg/640px-Patitiri_Alonissos.jpg&w=640&q=50)
Alónissos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alónissos, Alonisos ou Alonnisos (grego:Αλόννησος) é unha illa grega no mar Exeo. Logo de Skiathos e Skopelos é a terceira das Espóradas. Está a 3 km da illa de Skopelos. Alonissos é tamén o nome dun pobo da illa, así como do municipio que abarca a illa e o pobo.
Alónissos - Αλόννησος | |
---|---|
Vista da illa | |
![]() | |
Datos | |
Capital | Patitiri |
País | Grecia |
Localización | Mar Mediterráneo |
Arquipélago | Espóradas |
Linguas | Grego |
Poboación (2001) | 2.700 hab. |
Superficie | 65 km² |
Densidade | |
Coordenadas | 39°9′N 23°50′L |
Maior Altura | 456 m. Kouvouli |
Localización | |
O pobo de Alonissos atópase na parte sur da illa. É coñecida localmente como Chora (cidade). O principal porto da illa atópase no sueste e chámase Patitiri. Hai servizo de transbordador e de hidrofoil de Patitiri a Volos, Agios Konstantinos e Salónica no continente e as illas de Skiathos, Skopelos e Skyros. A baía no extremo sur da illa tamén se chama Alonissos.
O Municipio de Alonissos inclúe as outras illas da Adelfoi, Gioura, Kyra Panagia (Pelagos), Peristera, Piperi, Psathoura e Skantzoura.