From Wikipedia, the free encyclopedia
Akari (あかり, en xaponés, Luz[5]), denominado ASTRO-F antes do lanzamento e inicialmente denominado IRIS (InfraRed Imaging Surveyor)[6], foi un observatorio espacial xaponés no infravermello pertencente á JAXA. Foi lanzado o 21 de febreiro de 2006 mediante un foguete M-V desde o Centro Espacial de Uchinoura (antes coñecido como Centro Espacial de Kagoshima).
Akari (Astro-F) | |
---|---|
Tipo | Observatorio espacial |
Organización | JAXA |
Data de lanzamento | 21 de febreiro de 2006[1][2][3][4] |
Foguete portador | M-V[2][5][6] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial de Uchinoura[2][5] |
Obxectivo da misión | Observación no infravermello[2][5] |
NSSDC ID | 2006-005A |
Masa | 955 kg[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7078,5 km[1] |
Inclinación | 98,3 graos[1] |
Apoapse | 713,7 km[1] |
Periapse | 701,4 km[1] |
Akari foi deseñado para observar no espectro infrraroxo. Para iso usa un telescopio Ritchey-Chretien cunha apertura de 67 centímetros e unha lonxitude focal de 420 centímetros. O espello primario é de carburo de silicio cun recubrimento de ouro. Leva dous instrumentos no plano focal arrefecidos a unha temperatura de 6 Kelvin mediante 170 litros de helio líquido. A cantidade de helio estaba calculada para durar 550 días de observacións.[2]
Os dous instrumentos do plano focal son:[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.