Agulla (peixe)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A agulla ou corcito (Belone belone Linnaeus 1761) é un peixe mariño da familia Belonidae, longo e estreito e coas mandíbulas moi afiadas, todo o que lle dá un aspecto de agulla.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Agulla.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Belone_belone1.jpg/640px-Belone_belone1.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cd/N%C3%A4bbg%C3%A4dda_%28Belone_belone%29_-_Ystad-2021.jpg/640px-N%C3%A4bbg%C3%A4dda_%28Belone_belone%29_-_Ystad-2021.jpg)
Ríos Panisse (1977) recolleu para esta especie o nome de agulla e mailas variantes agulla de terra, peixe agulla, aghillón e aghulla en 46 dos 56 portos galegos nos que fixo a enquisa; tamén recolleu os nomes de alcrique, chandarme/chandarma e alpabarda (nomes que se aplican con máis frecuencia a outro peixe semellante, Scomberesox saurus) e, para os exemplares pequenos, os nomes de corcito/corsito, pataguillón, furón ou rato.