Agnus Dei
año que representa a Xesucristo na iconografía cristiá / From Wikipedia, the free encyclopedia
Agnus Dei é unha expresión latina que significa 'Año de Deus', usada orixinalmente pola teoloxía cristiá para referirse a Xesús Cristo como salvador da humanidade, ao ofrecerse en sacrificio polos pecados dos homes, a semellanza do año sacrificado polos xudeus durante a conmemoración da Pascua.
Simboliza a san Xoán Bautista que se representa vestido cunha pel de carneiro ou sostendo un año sobre o libro dos Evanxeos, ás veces cunha cartela na que aparece Ecce agnus Dei.