Agaete
From Wikipedia, the free encyclopedia
Agaete é un concello español pertencente á provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado ao noroeste da illa de Gran Canaria, a 30 quilómetros da capital.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Las Palmas | ||||
Capital | Agaete | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.568 (2023) (122,37 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 45,5 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 43 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35480 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 35001 | ||||
Páxina web | aytoagaete.es |
Dentro do termo municipal destacan a súa cabeceira (a vila de Agaete), o Puerto de las Nieves a beiras do océano Atlántico, comunicado regularmente por transbordador coa illa de Tenerife, e Los Berrazales (barranco arriba, cunha exuberante vexetación). Nesta última zona, ao pé do piñeiral de Tamadaba, levántase un antigo e abandonado hotel rural.
A economía de Agaete baseouse historicamente na agricultura e a pesca, pero nos últimos decenios o turismo converteuse no sector máis importante. Un dos símbolos do municipio é o Dedo de Dios ou Roque Partido, formación rochosa con aspecto de dedo humano que se levanta fronte á costa. A parte superior do Dedo de Dios foi destruída por unha forte tormenta, a tormenta tropical Delta, en 2005.