![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/ba/Paris_A%25C3%25A9roport_logo.svg/langgl-640px-Paris_A%25C3%25A9roport_logo.svg.png&w=640&q=50)
Aeroporto de París-Orly
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de París-Orly (IATA: ORY, ICAO: LFPO) é un aeroporto internacional francés situado parcialmente en Orly e parcialmente en Villeneuve-le-Roi, a 13 km ao sur de París. Serve como centro de conexións secundario para voos domésticos e internacionais de Air France, e como base principal de Transavia France. Dende o aeroporto opéranse voos cara a destinos en Europa, Oriente Medio, África, o Caribe, Norteamérica e o Sueste asiático.
Aeroporto de París-Orly Aéroport de Paris-Orly | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Aéroports de Paris | ||
Cidade/Illa | París | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.parisaeroport.fr/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
02/20 | 2 400 | 7 ,874 | formigón |
06/24 | 3 650 | 11 975 | formigón bituminoso |
07/25 | 3 320 | 10 892 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 31 237 865 | ||
Antes da construción do Charles de Gaulle, Orly era o principal aeroporto de París. Incluso co cambio da meirande parte do tráfico internacional ao Charles de Gaulle, Orly segue a ser o aeroporto francés máis concorrido para tráfico doméstico e o segundo en tráfico en xeral, con 31 237 865 pasaxeiros en 2016.[1]