![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8b/Aerial_photograph_of_Milan_Malpensa_airport.jpg/640px-Aerial_photograph_of_Milan_Malpensa_airport.jpg&w=640&q=50)
Aeroporto de Milán-Malpensa
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Milán-Malpensa (IATA: MXP, ICAO: LIMC), antigamente aeroporto cidade de Busto Arsizio,[1] é o aeroporto internacional máis grande da área metropolitana de Milán, no norte de Italia. Serve aos 15 millóns de habitantes da Lombardía, Piemonte e a Liguria, ademais dos que vivén na rexión suíza do cantón de Ticino. O aeroporto está situado a 49 km ao noroeste do centro de Milán, próximo ao río Ticino, que divide Lombardía e Piemonte. Ten dúas terminais e dúas pistas de aterraxe ademais dunha terminal dedicada á carga.
Aeroporto de Milán-Malpensa | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | SEA Aeroporti di Milano | ||
Cidade/Illa | Milán | ||
Localización | Ferno | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.milanomalpensa-airport.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
17L/35R | 3 920 | 12 861 | asfalto |
17R/35L | 3 920 | 12 861 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 19 320 546 | ||
No ano 2016 pasaron por Malpensa 19 320 546 pasaxeiros[2] e foi o 29º aeroporto máis concorrido de Europa en termo de viaxeiros. Ata 2008 Malpensa foi un centro de conexións principal para a aeroliña nacional Alitalia. Malpensa é o segundo aeroporto italiano con máis tráfico internacional, despois de Roma-Fiumicino, e é o máis concorrido en termos de carga. Polas súas instalacións pasan 500 000 toneladas de carga anualmente.
O primeiro aeroporto industrial foi aberto en 1909 preto de Cascina Malpensa, unha vella granxa, por Giovanni Agusta e Gianni Caproni para probar os seus prototipos de avións. Ese aeroporto foi aberto para operacións civís en 1948 durante o período de reconstrución tras a guerra co obxectivo de servir á área norte de Milán.