![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e5/Ams-above-2007.jpg/640px-Ams-above-2007.jpg&w=640&q=50)
Aeroporto de Ámsterdam-Schiphol
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Ámsterdam-Shiphol (IATA: AMS, ICAO: EHAM), en neerlandés Luchthaven Schiphol e en inglés Amsterdam Airport Schiphol (pronuncia [ˈsxɪpɦɔl]) é o maior aeroporto de Holanda e o quinto da Unión Europea por número de viaxeiros, 54 millóns en 2014. Shiphol está situado a 15 km de Ámsterdam e comunicado coa cidade por autoestrada (E19), trens rexionais (baixo o aeroporto está a estación de tren con ligazón coa estación de Amsterdam Centraal), autobuses e taxis. Ten vos directos dende o Aeroporto da Lavacolla.
Aeroporto de Ámsterdam-Shiphol Luchthaven Schiphol Amsterdam Airport Schiphol | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Propietario | Schiphol Group | ||
Operador | Schiphol Group | ||
Cidade/Illa | Ámsterdam, ![]() | ||
Localización | Haarlemmermeer | ||
Coordenadas | |||
Web | schiphol.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
18R/36L | 3 800 | 12 467 | asfalto |
06/24 | 3 500 | 11 483 | asfalto |
09/27 | 3 450 | 11 319 | asfalto |
18L/36R | 3 400 | 11 155 | asfalto |
18C/36C | 3 300 | 10 827 | asfalto |
04/22 | 2 014 | 6 608 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Número de pasaxeiros | 63 625 664 | ||
Operacións | 479 000 | ||
Carga (ton.) | 1 700 000 | ||
Schiphol é centro de conexión para KLM e a súa afiliada rexional KLM Cityhopper, ademais de para Corendon Dutch Airlines, Martinair, Transavia e TUI fly Netherlands. O aeroporto tamén serve como centro de conexións europeo para Delta Air Lines e como base para easyJet, Small Planet Airlines e Vueling.