composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A acroleína é un aldehido de 3 carbonos (propenal) que se obtén por deshidratación da glicerina.
A acroleína é un líquido incoloro ou amarelo de cheiro desagradable e lacrimóxeno. Disólvese facilmente en auga, evapórase rapidamente cando se quenta e inflámase facilmente. Pódense formar pequenas cantidades de acroleína e esparexerse polo aire ó queimárense árbores, tabaco, gasolina ou petróleo. É extremadamente tóxico por inhalación ou inxestión, os límites da exposición atmosférica son 0,1 ppm.
Emprégase como praguicida para controlar algas, plantas acuáticas, bacterias e moluscos. Tamén se usa na manufactura doutras substancias químicas e resinas sintéticas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.