From Wikipedia, the free encyclopedia
O Acordo Comercial sobre Relacións Económicas entre Australia e Nova Zelandia (inglés: Australia–New Zealand Closer Economic Relations Trade Agreement (ANZCERTA); máis coñecido como Closer Economic Relations, CER) é un acordo de libre comercio entre os gobernos de Nova Zelandia e Australia. Entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1983, pero o tratado actual non foi asinado até o 28 de marzo de 1983 polo Viceprimeiro Ministro de Australia e Ministro de Comercio, Lionel Bowen e o Alto Comisionado para Australia de Nova Zelandia, Laurie Francis en Canberra, Australia.
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Acordo Comercial sobre Relacións Económicas entre Australia e Nova Zelandia | |
---|---|
Lionel Bowen e Laurie Francis asinando o acordo o 28 de marzo de 1983 | |
Data | 28 de marzo de 1983 |
Lingua | Inglés |
Localización | Camberra, Australia |
Signatarios | Australia Nova Zelandia |
O CER naceu sobre as bases do Acordo de Libre Comercio entre Nova Zelandia e Australia (NAFTA, polas súas siglas en inglés), que foi asinado o 31 de agosto de 1965 e entrou en vigor o 1 de xaneiro de 1966. O NAFTA eliminou catro quintos dos aranceis entre os dous países e restricións cuantitativas no comercio a través do Mar de Tasmania. Porén, viuse como demasiado complexo e burocrático, e en marzo de 1980 emitiuse un comunicado conxunto dos dous Primeiros Ministros reclamando unhas "relacións económicas máis próximas".
Os puntos máis conflitivos nas negociacións eran o desexo de Nova Zelandia dun maior acceso aos seus produtos lácteos en Australia e o desexo de Australia de que Nova Zelandia eliminara os incentivos de exportación e as restricións cuantitativas. Despois de superadas as trabas o acordo foi asinado o 14 de decembro de 1982 e entrou en vigor o de 1 de xaneiro do ano seguinte.
Un dos resultados máis importantes do CER foi o Protocolo sobre aceleración do libre comercio de mercadorías, que tivo como consecuencia a eliminación total dos aranceis e das restricións cuantitativas entre os dous países o 1 de xullo de 1990, cinco anos antes do previsto.
Outras partes do CER inclúen:
O CER é complementario do Acordo Trans-Tasmano de Liberdade de circulación de viaxeiros.
Seguindo a senda da integración económica, o seguinte paso para o goberno australiano e o neozelandés é crear unha unión aduaneira a través dun arancel externo común e unha política de competencia común. Nova Zelandia e Australia xa teñen unha política de competencia común mais é improbábel que cheguen a ter un arancel externo común.[Cómpre referencia]
Dirixíndose ao Parlamento de Nova Zelandia en febreiro de 2011, a Primeira Ministra australiana Julia Gillard dixo:
Agora é tempo de escribir un novo capítulo nesta viaxe cara a un Mercado económico único. Durante a miña visita tiven o pracer de comentar co Primeiro Ministro Key os grandes avances acadados no proxecto SmartGate para realizar viaxes sen fronteiras entre os nosos dous países. Un estudo conxunto comezará este mes para analizar como crear unha verdadeira experiencia de aviación "nacional".
Dende as comunidades empresariais de Australia e Nova Zelandia estase a pedir a extensión do CER a outros países insulares do Pacífico, harmonizando o CER e o Acordo Comercial Rexional do Pacífico (PARTA, polas súas siglas en inglés) co fin de acadar un mercado único e a libre circulación de persoas e bens.[Cómpre referencia]
Tamén está a haber peticións dende organizacións como CANZUK International de estender o CER e o Acordo Trans-Tasmano de Liberdade de circulación de viaxeiros ao Reino Unido e o Canadá, permitindo o libre comercio e a libre circulación de persoas a través dos catro maiores reinos da Commonwealth.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.