From Wikipedia, the free encyclopedia
O accidente de Múnic foi un soado accidente de aviación que tivo lugar en Múnic (daquela RFA) o 6 de febreiro de 1958, e onde faleceron 24 persoas, entre elas a metade do cadro de xogadores do Manchester United.
Accidente de Múnic | |
---|---|
Outro avión Airspeed AS.57 Ambassador | |
Resumo | |
Data | 6 de febreiro de 1958 |
Causa | fallo na engalaxe |
Lugar | Múnic |
Coordenadas | |
Finados | 23 |
Feridos | 19 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airspeed AS-57 Ambassador |
Operador | British European Airways |
Rexistro | G-ALZU |
Pasaxeiros | 38 |
Tripulación | 6 |
Superviventes | 21 |
O 5 de febreiro de 1958 o Manchester United disputou en Belgrado o encontro de volta dos cuartos de final da Copa de Europa ante o Estrela Vermella (naquel tempo, o campión iugoslavo). Na ida, xogada en Manchester, os ingleses venceran 2-1, e en Belgrado o resultado final foi de 3-3, 5-4 no cómputo final da eliminatoria. O Manchester tiña que xogar un partido da copa inglesa dous días despois, e non tiñan moita marxe de tempo. Despois do precedente de decembro, cando un partido xogado en Praga lles impediu chegar a Inglaterra para xogar a copa contra o Everton FC, a directiva decidira prescindir das liñas comerciais regulares e fretar o propio voo chárter.
A rota prevista do avión era Belgrado-Manchester, cunha escala en Múnic para repostaxe, posto que o tamaño do avión non permitía realizar toda a viaxe dun só tirón. A saída de Belgrado atrasouse unha hora porque o xogador Johnny Berry non daba co pasaporte. O equipo, adestrado polo escocés Matt Busby, lideraba a liga inglesa. A súa cerna estaba composta por unha escolma de xogadores moi novos, chamados Busby Babes, que tiñan a Duncan Edwards e a Bobby Charlton como máximos representantes.
A aeronave era un pequeno Airspeed AS.57 Ambassador con capacidade para unha cincuentena de pasaxeiros, con 25 metros de eslora e uns 35 metros de envergadura. A compañía era a British European Airways (unha das antecesoras da actual British Airways). A matrícula era G-ALZU.
O voo era o 609.
A situación climatolóxica naquel momento en Múnic era un frío intenso, xeada, neve e vento lateral. O avión tentou engalar por tres veces. As dúas primeiras a engalaxe foi abortada polo piloto, o capitán James Thain, que sentiu ruídos que non era capaz de identificar. Ao terceiro intento, ás 3:04 da tarde, produciuse a engalaxe, pero o avión non colleu altura abonda e marchou contra un valado na proximidades do aeroporto, destruíndo despois un camión con combustible e logo unha casa deshabitada. O combustíbel do camión fixo estourar e arder a parte posterior da aeronave.
A razón de que non se dese erguido foi climatolóxica (auganeve ao final da pista de engalaxe), combinada co deseño da aeronave, que por ter o centro de gravidade atrasado, sufría dificultades para manter a velocidade en situacións como aquela.
Faleceron 24 persoas, e 21 salvaron a vida. Entre os falecidos estaban:
Entre os sobreviventes atopábanse os futbolistas Johnny Berry, Jackie Blanchflower, Dennis Viollet, Ray Wood, Bobby Charlton, Bill Foulkes, Harry Gregg, Kenny Morgans e Albert Scanlon, así como o adestrador Matt Busby, que recibiu por dúas veces a extrema unción e tardou en recuperarse meses. Aos tres días do accidente, algúns dos sobreviventes e os suplentes derrotaban o Sheffield Wednesday nun partido da Copa por 3-0. O Manchester United perdeu a final da copa contra o Bolton Wanderers (2-0) e as semifinais da Copa de Europa ante o AC Milan. A xeración perdida do Manchester United foi denominada Busby Babes (os nenos de Busby), pola súa mocidade e pola cohesión que lles dera o adestrador.
As primeiras investigacións sinalaron o piloto como culpábel do accidente. O goberno de Alemaña Occidental emprendeu accións legais contra el, acusándoo de responsábel directo. Como proba sinalábanse unhas fotografías, onde se intuía neve nas ás da aeronave, algo que podería impedir o voo, mais finalmente demostrouse que non era neve. Aínda que o xuízo, realizado sen testemuñas, rematou cunha sentenza de inocencia en 1968, Thain xa fora despedido e decidira manter unha granxa de pitos en Berkshire, onde morrería en 1975 dun infarto, con 53 anos.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Accidente de Múnic |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.