![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Flag_of_Acadia.svg/langgl-640px-Flag_of_Acadia.svg.png&w=640&q=50)
Acadia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Acadia é o nome que deron os exploradores franceses a un territorio que abranguía dende o estado americano de Pensilvania ata as illas da actual provincia canadense de Terra Nova e Labrador, actualmente dáselle ese nome ás actuais provincias canadenses de Nova Escocia, Novo Brunswick e Illa do Príncipe Eduardo. Os primeiros colonos franceses, a partir de comezos do século XVII, a se instalaren na rexión serían despois coñecidos como acadianos. Os acadianos non entraron no conflito entre Francia e Inglaterra, no canto diso, isoláronse en pequenas comunidades, mantendo amigables contactos co pobo micmac, feito que influenciou fortemente os costumes dos acadianos.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Flag_of_Acadia.svg/640px-Flag_of_Acadia.svg.png)
En 1755, os ingleses conquistaron os territorios franceses no Atlántico, pondo fin ao control francés na rexión. Os acadianos foron acusados polos ingleses de desleadade e guerrilla, e ordenouse a expulsión do territorio, uns 3 500 foron deportados para Francia, 850 para Inglaterra, 3 700 para as colonias inglesas do sur, outros para a Luisiana, onde deron orixe os cajun e aínda outros para o Canadá. O seu territorio ocupáronno colonos ingleses. Uns poucos permaneceron refuxiados nos bosques de Acadia e en 1766 permitiuse a volta dos acadianos á Acadia. Unha alta natalidade permitiu que se restaurase unha poboación rural acadiana que en 1830 chegou aos 30 000 acadianos, e en 2001 había 276 355 acadianos, deles 236 665 en Novo Brunswick.
Actualmente, a cultura acadiana posúe claras diferenzas coa cultura quebequenses, o francés acadiano; un dialecto (que é substancialmente diferente do francés) aínda sobrevive, tendo unha forte presenza na provincia canadense de Novo Brunswick (única provincia canadense en que ambos inglés e francés son linguas oficiais) e na Nova Escocia.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acadia |