nacionalista bretón, novelista e dramaturgo From Wikipedia, the free encyclopedia
Fañch Eliès (en francés: François Eliès),[1] e máis coñecido polo seu alcume Abeozen,[1] nado en Saint-Sauveur, Finistère, en 1896 e finado en La Baule en 1963, foi un nacionalista bretón, novelista e dramaturgo que escribiu na lingua bretoa. Abeozen tamén foi un destacado erudito da lingua galesa.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1896 Saint-Sauveur, Francia |
Morte | 3 de xuño de 1963 (67 anos) La Baule-Escoublac, Francia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Ocupación | escritor , tradutor , novelista , lingüista , professeur agrégé (en) , ensaísta |
Movemento | Seiz Breur (en) |
Pseudónimo literario | Abeozen |
Lingua | Lingua francesa e bretón |
Participou en | |
1940 | WWII Axis collaboration in France (en) |
Abeozen comezou a facer achegas no xornal literario bretón Gwalarn en 1925. Traballou como mestre en Saint-Brieuc dende 1927 até 1940 e fundou a rama local da organización comunista Secours Rouge. Durante a ocupación alemá de Francia, uniuse a Roparz Hemon na Radio Rennes Bretagne e escribiu para La Bretagne, L'Heure Bretonne e Arvor. Foi membro de Seiz Breur e do Instituto celta da Bretaña.
Logo da liberación de Francia, Abeozen, como moitos nacionalistas bretóns, foi arrestado por colaborar cos ocupantes alemáns e pasou catorce meses no cárcere. Tamén foi despedido do Ministerio de Educación Nacional e prohibíuselle permanecer na rexión administrativa da Bretaña.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.