político alxeriano From Wikipedia, the free encyclopedia
Abdelkader Bensalah (en árabe: عبد القـادر بن صالح), nado en Fellaoucene (Alxeria francesa) o 24 de novembro de 1941 e finado en Alxer o 22 de setembro de 2021, foi un xornalista e político alxeriano. Membro da Agrupación Nacional para a Democracia (RND), preside dende 2002 o Consello da Nación, a cámara alta do Parlamento alxeriano. Dende o 2 de abril e o 19 de decembro de 2019 exerceu como presidente interino de Alxeria, en substitución de Abdelaziz Bouteflika.
(2019) | |
Nome orixinal | (ar) عبد القادر بن صالح |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de novembro de 1941 Fellaoucene (pt) |
Morte | 22 de setembro de 2021 (79 anos) Aïn Naadja Military Hospital, Alxeria (en) |
Lugar de sepultura | El Alia Cemetery (en) |
President of Algeria (en) | |
9 de abril de 2019 – 19 de decembro de 2019 ← Abdelaziz Bouteflika – Abdelmadjid Tebboune → | |
Presidente National Transitional Council (en) | |
18 de maio de 1994 – 31 de xaneiro de 1997 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alxeria |
Relixión | Islam |
Educación | Universidade de Damasco - xurisprudencia |
Actividade | |
Ocupación | xornalista (1967–1977), político , escritor |
Partido político | União Nacional Democrática (pt) |
Membro de | |
Lingua | Lingua árabe |
Carreira militar | |
Lealdade | Alxeria |
Rama militar | Exército de Libertação Nacional (Argélia) (pt) |
Conflito | Guerra de Alxeria |
Premios |
Abdelkader Bensalah naceu o 24 de novembro de 1941 en Fellaoucene, preto de Tlemcen.[1][2]
Ingresou no Exército de Liberación Nacional (ALN) aos 18 anos.[3]
Xornalista de profesión,[4] foi diretor do Centro alxeriano de información e cultura en Beirut, entre 1970 e 1974, e despois director xeral do diario en lingua árabe Ech Chaab entre 1974 e 1977.
En 1977, foi elixido deputado da FLN da vilaia de Tlemcen.[5] Posteriormente, seguiu unha carreira diplomática, sendo dende 1989 a 1993 embaixador de Alxeria no Reino de Arabia Saudita e na Organización da Conferencia Islámica. Foi director de información e voceiro do Ministerio de Asuntos Exteriores dende 1993 ata 1994.
Foi membro do Agrupación Nacional pola Democracia(RND), da que foi secretario xeral dende a súa fundación, en 1997 a 1998 e de 2013 a 2015.
Entre 1994 e 1997, presidiu o Consello Nacional de Transición , que era entón a única cámara parlamentaria do país. Ata 2002 foi presidente da Asemblea Nacional do Pobo, a cámara baixa do Parlamento alxeriano.
Dende xullo de 2002, ocupou o cargo de Presidente do Consello da Nación, a cámara alta do Parlamento.[6][7] O 30 de novembro de 2004, foi elixido presidente da Unión Parlamentaria Africana.[8]
Moi achegado ao presidente Abdelaziz Bouteflika, realizou nos anos 2010 algunhas tarefas que este, enfermo, xa non podía realizar, como a recepción de líderes estranxeiros.[9] Apoiou a candidatura de Bouteflika a un quinto mandato nas eleccións presidenciais de 2019.[10] Despois da dimisión deste último, o 2 de abril de 2019, como consecuencia de grandes manifestacións contra a súa permanencia no poder, Abdelkader Bensalah asumiu a presidencia interina do país para un período de 90 días como indica a Constitución de Alxeria.[9] Como presidente interino, tiña poderes reducidos e non se podía presentar ás eleccións presidenciais anticipadas.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.