A ventá indiscreta
Filme de 1954 dirixido por Alfred Hitchcock / From Wikipedia, the free encyclopedia
A ventá indiscreta (en inglés: Rear Window) é un filme estadounidense de suspense 1954 dirixido por Alfred Hitchcock. O guión de John Michael Hayes baséase no relato curto de Cornell Woolrich It Had to Be Murder (‘Tiña que ser asasinato’). A película ten como protagonistas a James Stewart no papel do fotorreporteiro "L.B. Jefferies", a Grace Kelly no papel da súa moza "Lisa Carol Fremont", que traballa de modelo, e Raymond Burr como "Lars Thorwald", sospeitoso de asasinato.
A ventá indiscreta | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Rear Window |
Director | Alfred Hitchcock |
Produtor | Alfred Hitchcock |
Guión | John Michael Hayes |
Intérpretes | James Stewart Grace Kelly Wendell Corey Thelma Ritter Raymond Burr |
Música | Franz Waxman |
Fotografía | Robert Burks |
Montaxe | George Tomasini |
Distribuidora | Paramount Pictures Universal Pictures (1983-presente) |
Estrea | 1 de agosto de 1954 1 de maio de 2005 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | $1 000 000 |
Recadación | $36 764 313 |
Na rede | |
|
A ventá indiscreta combina o tema principal do misterio que rodea o asasinato co exame crítico da ética do matrimonio e do voyeurismo. O filme é considerado por cineastas, amantes e estudosos do cinema unha das mellores e máis longametraxes de Hitchcock.[1] Obtivo catro nomeamentos ós Óscar: ó mellor director, á mellor fotografía en cor, ó mellor guión e ó mellor son.