A raíña das neves
From Wikipedia, the free encyclopedia
A raíña das neves[1][2] (no dinamarqués orixinal: Snedronningen) é un conto de fadas[3] escrito por Hans Christian Andersen e publicado por vez primeira no ano 1845; céntrase na loita entre o ben e o mal vivida por dous nenos, Kay e Gerda.
Datos rápidos A raíña das neves, Título orixinal ...
A raíña das neves | |
---|---|
A raíña das neves, iustración de Anne Anderson(1874-1930). | |
Título orixinal | Snedronningen |
Autor/a | Hans Christian Andersen |
Orixe | Dinamarca |
Lingua | Dinamarqués |
Tema(s) | Conto |
Xénero(s) | Conto de fadas, conto longo, literatura infantil |
Data de pub. | 1845 |
ISBN | [9788431660222] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
Inclúese regularmente nos contos seleccionados e escolmas do seu traballo, ademais der ser reimpreso con frecuencia en edicións de libros de contos ilustrados para cativos. Malia ser un dos seus contos máis longos, a Andersen lle levou só cinco días para escribilo.[4]
A historia ten sido adaptada en diversos medios de comunicación, incluíndo dramas televisivos, videoxogos e filmes de animación, sendo o máis popular o da Disney, de 2013, chamado Frozen.