![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7e/Galiescola_O_Grove_01-02.jpg/640px-Galiescola_O_Grove_01-02.jpg&w=640&q=50)
A galiña azul (escolas)
Rede de escolas infantís públicas da Xunta de Galicia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A galiña azul, rede de escolas infantís de Galicia, primeiro coñecida como rede de galescolas, é a rede de escolas de educación infantil dependentes da Xunta de Galicia dirixida a nenos e nenas de 3 meses a 3 anos.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7e/Galiescola_O_Grove_01-02.jpg/640px-Galiescola_O_Grove_01-02.jpg)
A rede de escolas infantís está xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, e do que forman parte a Vicepresidencia da Xunta de Galicia, e distintos concellos urbanos e rurais, onde se atopan os centros. As galescolas comezaron a funcionar a partir do curso 2007-2008, mais foi a partir do curso 2009-2010 que mudaron o nome.
É necesario nomear que tanto o concepto, como o nome, o proxecto e a iniciativa das galescolas partiu desde Internet por parte da Asociación Vogal (Viveiro e Observatório das Galescolas) xa a finais do ano 2004.
O proxecto educativo das Galescolas di fomentar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos e favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos proxenitores. Cada grupo de nenas e nenos é atendido por dous ou dúas profesionais da educación, no que se denomina "parella educativa". Ao funcionaren en rede, as escolas infantís comparten entre elas recursos, servizos e elementos de coordinación e apoio pedagóxico.
Os sectores que conforman a comunidade educativa están representados en órganos colexiados coma o consello de participación.
Para o curso 2008-2009 está previsto que funcionen 58 Galescolas cunha oferta de 2733 prazas atendidas por 472 traballadores.