From Wikipedia, the free encyclopedia
A Storm of Swords ("Treboada de espadas") é o terceiro libro da saga literaria A Song of Ice and Fire, unha a serie de fantasía escrita polo autor estadounidense George R. R. Martin. Foi publicado por vez primeira o 8 de agosto de 2000 no Reino Unido,[1] á cal lle seguiu en novembro a edición dos Estados Unidos de América. A súa publicación foi precedida pola novela Path of the Dragon, que recolle os capítulos de Daenerys Targaryen nun só libro.
A Storm of Swords | |
---|---|
Título orixinal | A Storm of Swords |
Autor/a | George R. R. Martin |
Cuberta | Steve Youll |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Colección | A Song of Ice and Fire |
Xénero(s) | Fantasía |
Editorial | Bantam Books (Estados Unidos) |
Data de pub. | 8 de agosto de 2000 Novembro de 2000 |
Páxinas | 626 (RU tapa dura primeiro tomo), 610 (RU tapa dura primeiro tomo), 973 (USA tapa dura), 976 (RU tapa branda) 1216 (USA tapa branda) |
ISBN | ISBN 0-553-10663-5 (USA tapa dura), ISBN 0-00-224586-8 (RU), ISBN 0-553-57342-X (US tapa branda) |
Precedido por | A Clash of Kings |
Seguido por | A Feast for Crows |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
No momento da súa publicación, A Storm of Swords foi a parte máis longa da serie. A súa extensión fixo que no Reino Unido, Australia e Israel as edición de tapas brandas fosen divididas en dúas metades, sendo a parte 1 publicada baixo o nome Steel and Snow en xuño de 2001 e a parte 2 como Blood and Gold en agosto de 2001. A mesma división foi utilizada na edición polaca. En Francia, tomouse a decisión de dividir a novela en catro partes.
A Storm of Swords gañou o Premio Locus de 2001,[2] o Premio Geffen de 2002 na categoría de mellor novela e foi nomeada no 2001 ó Premio Nebula.[2] Foi a primeira novela da serie en ser nomeada ó Premio Hugo, un dos máis prestixiosos galardóns no xénero de ficción científica e fantasía. Porén, perdeu contra a novela de J. K. Rowling Harry Potter e o Cáliz de fogo.[2][3]
A Storm of Swords tamén é o nome da segunda expansión do do xogo de mesa A Game of Thrones, lanzado en xullo de 2006. Aproximadamente a primeira parte da novela será adaptada na televisión como terceira tempada da serie da HBO Game of Thrones.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.