A Portuguesa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Portuguesa é o himno nacional de Portugal. Naceu como unha canción de cariz patriótico en resposta ao ultimato británico para que as tropas portuguesas abandonasen as súas posicións en África en 1890. A letra é de Henrique Lopes de Mendonça e a música de Alfredo Keil. A Portuguesa foi designada como un dos símbolos nacionais de Portugal na Constitución de 1976. Regra xeral apenas a primeira parte do himno é transmitida polo ensino oficial. Na súa maioría, os portugueses descoñecen por tanto a existencia das segunda e terceira partes da letra do himno.
Datos rápidos Himno de, Letra ...
A Portuguesa | |
---|---|
En galego: A Portuguesa | |
Himno de | Portugal |
Letra | Henrique Lopes de Mendonça 1890 |
Música | Alfredo Keil 1890 |
Adoptado | 5 de outubro de 1910 (de facto) 19 de xullo de 1911 (de iure) |
Mostra da música | |
Pechar