A Pantera Rosa (serie de animación)
serie de animación / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Pantera Rosa é un personaxe e unha serie de debuxos animados (A Pantera Rosa) orixinada a partir da personaxe que aparecía nos créditos do filme homónimo: The Pink Panther de 1963 de Blake Edwards. Emitiuse en galego (aínda que a pantera non adoita falar) na Televisión de Galicia dentro do programa infantil Xabarín Club. As historietas son curtas (5 ou 6 minutos por curtametraxe), de humor intelixente e para todas as idades.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/29/Pinkpanther-logo.svg/320px-Pinkpanther-logo.svg.png)
O capítulo piloto titulado «The Pink Phink», exhibido nas salas de cinema, aínda en 1963, gañou o Oscar á Mellor curtametraxe de animación na cerimonia do ano seguinte, celebrada en abril de 1964.
En principio, non se concibiu coma unha serie, senón que eran curtas destinadas ás salas cinematográficas producidas por Mirisch-Geoffrey Productions, DePatie-Freleng Studios e United Artists, creados polos mesmos responsábeis dos créditos do filme orixinal de Edwards: os animadores Friz Freleng (produtor daqueles e deseñador da personaxe) e Hawley Pratt (director dos mesmos).
En 2005, A Pantera Rosa obtivo o posto 99 na listaxe "Os 100 mellores debuxos animados".