Cadro de Delacroix From Wikipedia, the free encyclopedia
A Liberdade guiando o pobo (en francés: La Liberté guidant le peuple) é unha obra do pintor francés Eugène Delacroix. Trátase dunha pintura alegórica da Revolución de Xullo do ano 1830, pintada no mesmo ano, que tivo lugar en París, e onde aparecen os diferentes estamentos sociais e tendencias que propiciaron estes feitos. En primeiro termo aparece unha representación alegórica da liberdade, que terma dun fusil con baioneta e unha bandeira francesa, a que se adoptou a partir desta revolución. O cadro foi pintado pouco despois dos feitos e foi adquirido polo rei Lois Filipe I de Francia. Actualmente atópase no Museo do Louvre de París.
A Liberdade guiando o pobo | |
---|---|
Artista | Eugène Delacroix |
Data | 1830 |
Técnica | óleo sobre tela |
Dimensións | 260 cm × 325 cm |
Localización | Museo do Louvre (París) |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Liberdade guiando o pobo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.