Airbus A330
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Airbus A330 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, bimotor de gran capacidade, alcance medio-longo e fuselaxe ancha. O seu desenvolvemento foi paralelo ao do Airbus A340. Pode acomodar a 335 pasaxeiros en dúas clases ou levar 70 toneladas de carga, cun alcance que vai dos 7 400 ata os 13 430 quilómetros dependendo da variante.
Airbus A330 | |
---|---|
A330-300 de Iberworld | |
Tipo | Pasaxeiros |
Fabricante | Airbus |
Primeiro voo | 2 de novembro de 1992 |
Introducido | 17 de xaneiro de 1994 con Air Inter |
Estado | en produción |
Produción | 1992 - presente |
Unidades construídas | 1.303 en outubro de 2016 |
Variantes | Airbus A330neo |
Airbus tentou con este avión competir no mercado dos birreactores de alcance longo (ETOPS en inglés), que estaba dominado polos Boeing 767 e Boeing 777. O Boeing 757 pertence a este sector pero non ten moito alcance.
A fuselaxe e ás do A330 son practicamentes idénticas ás do A340, pero ten diferentes motores. O avión herda o deseño de fuselaxe do A300, e os mandos e panel de control electrónicos fly-by-wire do A320.