A-F Records
selo discográfico estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
A-F Records é un selo discográfico independente creado pola banda Anti-Flag. Está baseado en Pittsburgh, Pensilvania e fundouse para axudar a divulgar a bandas de punk rock moi politizadas, coa intención de que chegasen a unha audiencia maior. As oficinas do selo resultaron danadas polas inundación que afectaron en setembro do 2004 á cidade de Pittsburgh; e aínda que os empregados conseguiron salvar gran parte do material, A-F Records tivo que desfacerse das bandas Inhuman, Tabula Rasa e Virus Nine por cuestións financeiras a raíz das inundacións.
Datos rápidos Fundador, Estado ...
A-F Records | |
---|---|
Fundador | Anti-Flag |
Estado | activa |
Distribuidoras | RedEye Distribution |
Orixe | Estados Unidos ![]() |
Localización | Pittsburgh, Pensilvania |
http://www.a-frecords.com/ | |
Pechar
Foron distribuídos por Mordam Records, pero mudáronse a RedEye Distribution cando Mordam foi mercado por Lumberjack a principios do ano 2006.