médico, inmunóloga e empresaria From Wikipedia, the free encyclopedia
Özlem Türeci, nada en Lastrup, Baixa Saxonia en 1967, é unha médica, inmunóloga e empresaria alemá de orixe turca.[1] É cofundadora e directora médica de BioNTech. Türeci e o seu equipo desenvolveron unha vacina contra o SARS-CoV-2.
Türeci é cofundadora e directora médica de BioNTech. Tamén preside a Asociación para a Inmunoterapia do Cancro (CIMT), con sede en Maguncia.[2] Foi unha das iniciadoras do Cluster para a Intervención Inmune Individualizada da rexión Rin-Meno, a cal preside, e é conferenciante na Universidade de Maguncia.[3][4][5][6][7]
É unha pioneira na inmunoterapia contra o cancro e traballou no desenvolvemento de vacinas individualizadas contra o cancro baseadas en ARN mensaxeiro.[1]
En 2001, Türeci colaborou na fundación de Ganymed Pharmaceuticals como directora científica da mesma, da que alcanzaría a dirección executiva en 2008.[6] Ganymed pasou a ser filial de Astellas Pharma por mor da súa adquisición en 2016 por 1300 millóns de euros, na que foi a maior adquisición na industria biotecnológica alemá até a data.[1]
Durante a pandemia de COVID-19, Türeci dirixiu a súa actividade á procura dunha vacina contra o SARS-CoV-2, o virus responsable da COVID-19, en asociación con Pfizer.[4] O 11 de novembro de 2020, Pfizer informou que Tozinameran, a vacina desenvolvida por Türeci e o seu equipo tiña unha eficacia de máis do 90 % en proporcionar inmunidade fronte ao virus.[8]
O 23 de xuño de 2021 o xurado do Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica outorgou este galardón a Katalin Karikó, Drew Weissman, Philip Felgner, Uğur Şahin, Özlem Türeci, Derrick Rossi e Sarah Gilbert polas investigacións que permitiron o desenvolvemento das vacinas contra a covid 19.[9]
Ademais, recibiu os seguintes galardóns:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.