O óvulo é o órgano da planta que se forma no ovario e que contén no saco embrionario á oosfera (ou gameto feminino), as células sinérxidas, as células polares e as células antípodas. Ademais atópase a nucela, tegumentos, a calaza e un funículo que o conecta coa placenta.

Thumb
Esquema dun óvulo en ximnospermas e anxiospermas.
Thumb
Microfotografía dun óvulo dunha monocotiledónea.

Tipos de óvulo

  • Ortótropo (tamén denominado átropo ou recto), é o óvulo no cal o funículo, a calaza e o micrópilo áchanse na mesma liña.
  • Anátropo: óvulo que ten o micrópilo próximo ao funículo, e a calaza ao lado oposto. O funículo está soldado ao tegumento formando un engrosamento alongado chamado rafe, o micrópilo está xunto ao funículo mais a calaza está ao lado oposto.
  • Campilótropo: ou encurvado, é un óvulo curvado en forma tal que a calaza áchase próxima ao funículo.

Notas

  • Parodi, L.R. 1987. Gramíneas. En: Enciclopedia Arxentina de Agricultura e Xardinaría. Tomo I. Segundo Volume. Descrición de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires, PP: 1112. (en castelán)
  • Strassburger, E. 1994. Tratado de Botánica. 8va. edición. Omega, Barcelona, 1088 p. (en castelán)

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.