Ómica
From Wikipedia, the free encyclopedia
O neoloxismo ómica refírese informalmente aos campos da bioloxía que se denominan terminando en -ómica, como xenómica, proteómica ou metabolómica. A ómica trata da caracterización colectiva e cuantificación de conxuntos de moléculas biolóxicas que determinan a estrutura, función e dinámica dun organismo ou organismos.
O sufixo relacionado -oma utilízase para indicar os obxectos de estudo en ditos campos, como o xenoma, proteoma ou metaboloma, respectivamente. O sufixo -oma, cando se utiliza en bioloxía molecular, refírese á totalidade dalgunha clase de cousas; é un exemplo de "neo-sufixo" formado por abstracción de varios termos gregos acabados en -ωμα, unha secuencia que en grego non formaba ningún sufixo (o verdadeiro sufixo era -μα).
A xenómica funcional ten como obxectivo identificar as funcións de tantos xenes como sexa posible dun organismo dado. Combina diferentes técnicas ómicas, como a transcritómica e a proteómica con coleccións de mutantes saturadas.[1]