From Wikipedia, the free encyclopedia
Ítaca Chasma é unha enorme estrutura de vales, depresións e escarpas da lúa de Saturno, Tetis. Na súa parte máis ancha mide ó redor de 100 km e entre 3 e 5 km de profundidade, transcorre ó longo dunha distancia de preto de 2.000 km, aproximadamente tres cuartas partes da circunferencia total de Tetis. O seu nome procede da illa grega de Ítaca.[2] Ítaca Chasma é aproximadamente concéntrica respecto do cráter Odiseo.[1]
Esta chasma é unha estrutura moi complexa, que ten moitos vales e sobre todo moitas fallas e escarpas que transcorren paralelas entre si, estas fallas levan consigo a formación de bloques na superficie chamados graben e horst, os graben serían os bloques que estarían nas depresións das fallas e os horst serían os bloques elevados entre as fallas (véxase o diagrama para visualiza-lo fenómeno). O ancho da chasma pode variar de entre un poucos quilómetros ata chegar a un ancho de máis de 100 km[1]. A idade de Ítaca Chasma está estimada en 4 mil millóns de anos ou entre 0,4–3,3 mil millóns de anos, dependendo da cronoloxía escollida para os impactos. A chasma parede ser un pouco máis nova co cráter Odiseo,[3] pero con todo debe ser bastante vella xa que posúe sobre ela mesma cráteres tan grandes coma Telémaco e moitos outros máis pequenos[4][5].
Pensase que está chasma apareceu cando a auga líquida do interior de Tetis se conxelou, causando a expansión do interior, que acabou por fende-la cortiza da lúa para adecuarse ó seu novo volume extra.[1] Os cráteres de impacto anteriores á solidificación de Tetis moi posiblemente foron borrados pola actividade xeolóxica que acontecería con posterioridade.[3]
O océano baixo a superficie de Tetis podería ter sido o resultado dunha resonancia orbital de 2:3 entre Dione e a propia Tetis ó comezo da historia do noso Sistema Solar. A resonancia podería ter levado a unha maior excentricidade orbital e a un quecemento do interior de Tetis debido ás mareas gravitatorias que podería ter sido dabondo para formar un océano baixo a cortiza. O posterior arrefriamento deste océano despois de que a lúa escapase da resonancia, sería a causa da aparición tensións na cortiza da lúa que criarían a Ithaca Chasma.[6][7]
Unha hipótese alternativa suxire que a chasma se formou ó mesmo tempo co gran cráter Odiseo, a chasma parece concéntrica respecto do cráter e está situada na outra cara da lúa; cando o evento de colisión creou Odiseo, as ondas do impacto viaxarían a través de Tetis, fendendo o xeo da feble cortiza no hemisferio oposto a Odiseo.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.