![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/88/Reggio_calabria_monumento_ibico.jpg/640px-Reggio_calabria_monumento_ibico.jpg&w=640&q=50)
Íbico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Íbico, (en grego antigo, Ἴβυκος), nado en Rhegium, na Magna Grecia italiana, foi un poeta lírico grego do século VI a.C. Foi contemporáneo do tamén poeta lírico Anacreonte. Estaba incluído na canónica lista dos Nove poetas líricos da entón helenística Alexandría.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (grc) Ἲβυκος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VI a. C. ![]() Reggio de Calabria ![]() |
Morte | século VI a. C. ![]() Corinto, Grecia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor , poeta ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
![]() |
Malia a desafogada e despreocupada situación económica familiar, viviu unha vida de aventuras e pasou unha considerábel parte da súa vida na corte de Polícrates, tirano de Samos, por quen foi protexido. Cóntase así a historia da súa morte: Mentres estaba na veciña vila de Corinto, o poeta foi mortalmente ferido por uns ladróns. Mentres xacía moribundo, viu un numeroso grupo de grúas que voaban sobre a súa cabeza, ás que invitou a vingar a súa morte. Os ladróns (que eran de Corinto), logo da súa criminal acción dirixíronse ao teatro a ver unha representación. Alí apareceron as grúas. Un dos ladróns, nun xesto de burla ao ver as grúas, berrou: Observade aos vingadores de Íbico!, e así eles mesmos deron a pista para a súa detención polo crime cometido [1]. A frase "as grúas de Íbico" converteuse así nun proverbio entre os gregos polo descubrimento do crime a través da intervención divina.